Cuentaselo a MeLoSiNhA
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

A mafia dos cociñeiros modernikis.

Ir abajo

A mafia dos cociñeiros modernikis. Empty A mafia dos cociñeiros modernikis.

Mensaje  Berte Mar Mayo 20, 2008 11:02 pm

Os cociñeiros contra Santamaría

Arzak ou Berasategui boicotean un certame que contaba coa presenza de Santamaría polas súas críticas a Ferrán Adriá.



A presenza do cociñeiro Santi Santamaría nunha reunión de 180 persoas do grupo hostaleiro Relais & Chateux en Alcalá de Guadaira, en Sevilla, orixinou o boicot doutros compañeiros de profesión como Juan Mari Arzak ou Martín Berasategui polas súas críticas a Ferrán Adriá.

O presidente do grupo hostaleiro, Jaume Tàpies, explicou aos xornalistas que nin Arzak nin Berasategui nin outros cociñeiros que teñen establecementos adscritos a Relais & Chateaux estiveron en Sevilla pola presenza de Santamaría, e afirmou que a polémica suscitada debería quedar en España para que non tivese translación internacional.

«Hai que baixar a tensión para atopar solucións», subliñou Tàpies, que tamén instou a uns cociñeiros a manter a «tranquilidade e paciencia» e a outros a que teñan «respecto e calma» porque esta «historia lamentable» é unha «guerra mediática» que non debe ter amplificación en medios ingleses ou franceses.

Preguntado se as opinións de Santamaría poderían provocar a súa expulsión de Relais & Chateaux, Tàpies sinalou que só toman a decisión de apartar a alguén do grupo se se constata que hai insultos e falta de respecto respecto doutros membros, o que non puido aínda comprobar, sinalou.

Críticas dunha asociación de cociñeiros

Os membros da Asociación de Cociñeiros Euro-Toques España, presidida por Pedro Subijana, cren que as críticas de Santi Santamaría á cociña de vangarda, dicindo que utiliza produtos tóxicos como a metilcelulosa, crearon «unha alarma social de consecuencias incalculables».

Os cociñeiros, que mostraron a súa indignación por esta «gravísima acusación» a través dun comunicado, defenden que os novos gelificantes, espesantes e outros ingredientes teñen todas a garantías legais e saudables, posto que son produtos que se utilizan na alimentación diaria desde fai moitos anos.

Consideran, por iso, que estas declaracións só tratan de «pór na picota todos os logros conseguidos nestes últimos anos» co único obxectivo da notoriedade persoal.

Por iso, apuntan que Santamaría atentou contra o espírito de solidariedade e respecto cara aos seus propios colegas botando por terra o prestixio gañado pola profesión mediante o esforzo de todos a través de moitos anos de facer as cousas honestamente.

Detallan que esta acusación non só prexudica a este colectivo de profesionais senón que deteriora o prestixio que o país conseguiu no seu conxunto a nivel mundial grazas, entre outras cousas, á cociña e aos cociñeiros.

Recordan que o enfrontamento entre cociña tradicional ou moderna non existe e que o único do que se pode falar é de «cociña boa ou mala dependendo de quen e como a practique», polo que cren que aproveita este discurso para o seu protagonismo, montando un «espectáculo mediático» no que acusa a outros de facer o 'show'.

A asociación, que conta con centenares de profesionais asociados en España como Andoni Luis Aduriz, Joan Roca, Carlos Domingo ou Francis Paniego, comunica, ademais, que as súas declaracións son apoiadas tamén por outros colegas non asociados como Carles Gaig, Juan Mari Idoate, Daniel López, Benito Gómez, Dani García, Raúl Alexandre e Jordi Vilà, entre outros.
Berte
Berte

Cantidad de envíos : 159
Edad : 48
Fecha de inscripción : 14/03/2008

http://www.flickr.com/photos/albertecouto/

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.