Cuentaselo a MeLoSiNhA
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

A Segunda República comezou en Valdoviño?

Ir abajo

A Segunda República comezou en Valdoviño? Empty A Segunda República comezou en Valdoviño?

Mensaje  Berte Mar Mayo 13, 2008 7:57 pm

A Segunda República comezou en Valdoviño?

Na web do concello reclámase que foi o primeiro lugar en proclamar o novo réxime, unha consideración que tamén podería ter Vigo.
Marcos S. Pérez - 09:30 11/05/2008
Tags: Amado Garra Eibar proclamación Segunda Republica Valdoviño Vigo
Entrando en Valdoviño / Flickr: perdidoenlared

Entrando en Valdoviño / Flickr: perdidoenlared

Se se consulta a páxina web do Concello de Valdoviño, un atópase con que se afirma que a vila proclamou a Segunda República o 11 de abril de 1931, sendo o primeiro lugar de todo o Estado en facelo, mesmo antes de que se celebrasen as eleccións municipais que outorgaron unha esmagadora vitoria ás listas republicanas nas cidades. Valdoviño adiantaríase, deste xeito, a Eibar, que izou a bandeira tricolor ás sete da mañá do 14 de abril. O feito, ben coñecido popularmente no concello ferrolterrán, está documentado nas actas municipais e máis nunha carta enviada por José López Rodríguez (primeiro alcalde da República) ao Ministerio de Gobernación.

En xuño de 1931 José López Rodríguez foi multado por proferir críticas e ameazas contra a República mentres circulaba no coche-correo entre Cedeira e Ferrol. O acusado dirixiuse por carta ao Ministro de Gobernación afirmando a súa lealdade republicana, negando ter criticado ao goberno, e apoiándo esta afirmación con exemplos da súa actividade política no pasado: por exemplo, afirmaba ter presidido dende 1921 a entidade republicana e anticaciquil La Unión. Pero sobre todo relataba como o Concello de Valdoviño, onde el era concelleiro, proclamara a República non só antes que calquera outro lugar do Estado, senón mesmo antes da celebración das eleccións municipais que desencadearon a proclamación do novo sistema:

El día once de abril, víspera de las elecciones que demostraron que el pueblo español es esencialmente republicano, viendo que los partidarios del cacique non tomaban parte en la lucha, los concejales republicanos, viendo que había llegado la hora de la libertad, acordamos en sesión pública adquirir las banderas republicanas para el ayuntamiento, con lo que se hecho Valdoviño proclamó la República tres días antes que el resto de España.

Nas eleccións municipais celebradas en 1931 o Partido Republicano Radical obtivo 10 concelleiros, fronte aos 6 obtidos pola O.R.G.A. Nas de 1935 pasaron a ser 8 Republicanos Radicais e 6 Republicanos Independentes. E en 1936 a corporación municipal quedou constituída por 14 concelleiros de Izquierda Republicana, un Galeguista e un socialista.

Ou foi en Vigo?
Fronte á historiografía oficial que sostén que o primeiro concello en izar a bandeira republicana foi o de Eibar ás sete da mañá do 14 de abril (un pouco antes que Sahagún e Jaca), o historiador Bernardo Máiz defende que foi Vigo o primeiro lugar en facelo, en concreto un par de horas antes, ao redor das cinco da mañá. Amado Garra Castellanzuelo, un edil agrarista moi coñecido e activo na comarca e que foi paseado en 1936, pasou esa madrugada pola praza da Princesa, onde naquel tempo estaba a Casa do Concello viguesa. Coñecida a ampla vitoria republicana na cidade, e vendo que o Concello aínda estaba presidido pola bandeira monárquica, Garra esixiu entrar no edificio.

O garda, que estaba no interior no edificio, preguntoulle que era o que quería, e Amado Garra díxolle que quería entrar para proclamar a República. A resposta do garda, mentres lle abría a porta foi: "Proclame o que queira, don Amado, proclame". Así pois, ás cinco da mañá a bandeira tricolor ondeou na Praza da Princesa, mais Amado Garra esqueceu enviar un telegrama a Madrid para comunicar o feito, algo que si fixeron dende Eibar un par de horas máis tarde.
Berte
Berte

Cantidad de envíos : 159
Edad : 48
Fecha de inscripción : 14/03/2008

http://www.flickr.com/photos/albertecouto/

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.